A lingua de Viana do Bolo: Descrición e textos ∥ Alvarez Pousa, Concepción
商品コード: 186098
商品コード(SBC): 186098
-----------------------------------
ISBN13: 9788481589481
-----------------------------------
サイズ: 17 x 24 x 1.7 cm
-----------------------------------
頁 数: 267 pgs.
-----------------------------------
装 丁: paper cover
-----------------------------------
出版社: Universidad de Vigo
-----------------------------------
発行年: 2023
-----------------------------------
発行地: Vigo
-----------------------------------
双書名: Materiais Lingüísticos, 12 追加情報:
※ 詳細PDFリンク
Description:
O presente volume trata de achegar un coñecemento sistematizado sobre as características lingüísticas deste concello ourensán situado nun enclave lingüístico singular a carón das Portelas (Zamora) e relativamente próximo ao Bierzo (León). O vianés é unha variedade do galego oriental pertencente á microsubárea O Bolo-Viana, encadrada na subárea Valdeorras-Viana da área oriental-central, con características diferenciadoras do galego común.
A obra iníciase cunhas notas sobre a comarca da Terra de Viana e a historia, a sociedade e a situación sociolingüística de Viana do Bolo, seguido de capítulos sobre o bloque oriental na dialectoloxía galega e sobre Laureano Prieto, pioneiro no estudo do vianés. A continuar faise unha descrición da variedade vianesa tendo en conta fenómenos fonéticos, morfolóxicos e sintácticos, seguida dun estudo do cambio lingüístico a partir de variables deses fenómenos e dalgúns termos léxicos.
Asemade, sinálanse as características lingüísticas comúns co galego das Portelas (Zamora), do Bierzo (León) e do valego (Cáceres); e no caso do léxico ofrécense 50 termos, uns propiamente vianeses, outros compartidos co galego común, pero cun matiz especificamente vianés e común en varios casos co galego zamorano, berciano e valego.
A obra complétase cunha escolma de 25 etnotextos, correspondentes a 25 parroquias vianesas, nas voces das persoas informantes, e onde a economía, a etnografía, a historia local, a paisaxe, a tradición e a vida falan dunha Terra que atesoura unha lingua e que amosa a gran riqueza dun ámbito oriental no conxunto do patrimonio lingüístico e cultural galego.