Estudos sobre gramática e sociolingüistica galego-portuguesa -- Sánchez Rei, Xosé Manuel(coord.)
商品コード: 188733
商品コード(SBC): 188733
ISBN13: 9788497498197
サイズ: 15 x 23 x 2.3 cm
頁 数: 414 pgs.
重 量: 0.7 kgs
装 丁: paper cover
出版社: Universidade da Coruña
発行年: 2022
発行地: La Coruña
双書名: Revista Galega de Filoloxia/Monografia, 13
Descripción:
O conxunto de traballos reunidos en Estudos sobre gramática e sociolingüística galego-portuguesa pon de manifesto a relevancia das achegas de Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor emérito da UDC e membro de ILLA, no campo dos estudos gramaticais e sociolingüísticos. As colaboracións enmárcanse en diversos eixos cronololóxicos (diacrónico e sincronico) e en diferentes disciplinas e liñas de investigación (morfoloxía, lingüística textual, sintaxe, planificación lingüística, tradución etc.).
Na obra colaboran membros de ILLA (Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, Manuel Ferreiro, María Pilar García Negro, Xoán Luís López Viñas e Xosé Manuel Sánchez Rei, coordinador do volume), profesorado das universidades galegas (Robert Neal Baxter, Carlos Garrido, Xavier Guinovart, María Jesús Lorenzo-Modia, Ramón Mariño, José Luís Rodríguez, Roberto Samartim), portuguesas (Isabel Duarte, Maria Aldina Marques –colaboradora de ILLA–, Natália Pires, Helena Rebelo, Olinda Santana e José Teixeira), e doutros lugares do mundo (Sandra Pérez López da Universidade de Brasília, Aurélia Merlan da Universidade de Munique), ben como do ensino medio (María Fernández Zas, Damián Suárez). Este tomo contou co apoio do Servizo de Publicacións da UDC.
Ambos volumes serán presentados no curso dun acto en NORMAL que contará coa participación dos editores, Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes e Xosé Manuel Sánchez Rei, introducidos pola coordinadora de ILLA, Teresa López.