0
¥0

現在カート内に商品はございません。



Rosalia de Castro e o poder sexual -- Queizán, Maria Xosé

¥5,368 税込
商品コード: 153336
カートに追加しました。
カートへ進む
商品コード(SBC): 153336
ISBN13: 9788491212539
サイズ: 15 x 21 x 1.3 cm
頁 数: 152 pgs.
重 量: 0.24 kgs
装 丁: paper cover
出版社: Xerais de Galicia, Edicións
発行年: 2017
発行地: Vigo
双書名: Ensaio


Descripción:
Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, ‘a opresión da muller o seu tema único’.

María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.



カテゴリ一覧

ページトップへ

この商品のレビュー ☆☆☆☆☆ (0)

レビューはありません。

レビューを投稿